Friday 03 de May de 2024

As Somozas fomenta actividades de idiomas e mecanografía para a súa veciñanza


• Estas propostas están financiadas ao 100% con fondos municipais e serán realizadas por persoal cualificado no CEIP Marbán.

• O alumnado terá a posibilidade de iniciarse e profundar no vocabulario e aspectos doutras linguas, así como adoptar coñecementos básicos de mecanografía.

O Concello das Somozas propón dúas actividades, mecanografía e clases de idiomas, financiadas ao 100% con fondos municipais e que serán realizadas por persoal cualificado no CEIP Marbán.

Así, o alumnado terá a posibilidade de iniciarse e profundar no vocabulario e aspectos doutras linguas, así como adoptar coñecementos básicos de estenotipia para o seu día a día, debido aos avances tecnolóxicos da sociedade.

Ademais, o centro CEIP Marbán tamén acollerá o curso do proxecto EDIXGAL.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, tras o anuncio destas iniciativas destacou que “estas formacións, que son totalmente de balde, aportan á veciñanza unha ferramenta moi útil na busca de emprego”.